1960-rotulo_calzados-la-moderna_04
1960-rotulo_calzados-la-moderna_03
1960-rotulo_calzados-la-moderna_02
1960-rotulo_calzados-la-moderna_01

Rotulación “Calzados la Moderna”

Formato/tipoloxía:
Dimensións:
40 x 480 cm (faixa superior) 105 x 30 cm (limiar)

Esta tenda estaba situada na rúa da Paz de Ourense, unha vía que concentraba moita actividade comercial a mediados do século XX. Antigamente recibía o nome de rúa dos Zapateiros. Había varias zapaterías pero tamén eran abundantes as mercerías e tendas de artigos de punto e de lá. Hoxe Calzados la Moderna xa non existe. As fotografías son do ano 2012, aínda que a tenda xa pechara nalgún momento entre 2009 e 2010. Entre os anos 2010 e 2015 o local non tivo actividade económica e no ano 2015 cambiou de propietarios. Foi entón cando se fixeron reformas para abrir unha tenda de roupa e se tapou a rotulación pintada no estuco da fachada. Catro anos máis tarde os donos do baixo converteron o establecemento novamente nunha zapatería. En 2025, aínda se conservan as letras incrustadas no mármore branco do que, en orixe, fora a entrada da tenda. Segundo recordan na zona, Calzados “La Moderna” naceu en Ourense nalgún momento entre 1910 e 1920 —na actual rúa do Paseo— e trasladouse, nos anos 60, á rúa da Paz.

Créditos:

Jorge Lens (fotografía)

Fonte:

Jorge Lens e Toño Ferreiro

Dereitos:

Fotos faixa superior, © Jorge Lens. Tódolos dereitos reservados
Foto limiar, Toño Ferreiro CC BY-SA 4.0

1960-rotulo_calzados-la-moderna_04

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos