Sinalización A Pedrachán
- Formato/tipoloxía
O barrio da Pedrachán, moi preto do centro histórico de Noia, ten a súa orixe nos muíños e nas aceas medievais situadas na ribeira do río Traba, fundamentais nun contexto no que o cereal constituía a base da alimentación. Consérvanse dez muíños e tres fábricas de curtidos como mostra da enxeñaría hidráulica tradicional, que articulou a identidade do lugar. Integrado no ámbito urbano de Noia, o barrio mantén a súa vocación agraria e pesqueira e conserva un patrimonio inmaterial ligado a lendas como a do Pozo das Pombas. Presenta un destacado valor etnográfico.
A sinalización deseñada por Cenlitros explica de maneira visual como o río foi unha fonte constante de actividade e sustento. O sistema está composto por sete pictogramas que representan as distintas formas de aproveitamento hidráulico ao longo do tempo. Cada pictograma identifica un oficio concreto mediante posturas corporais, ferramentas e medios de transporte inspirados en fotografías históricas, o que facilita a comprensión do contexto produtivo tradicional.
Para a súa fabricación empregáronse materiais con carga simbólica. A cerámica, pola súa textura e tonalidade, evoca a area depositada polo río nas marxes. A chapa de zinc remite aos utensilios de caldeiraría e aos obxectos cotiáns asociados aos traballos vinculados á auga.
- Créditos
-
Concello de Noia (promotor)
- Fonte
- Dereitos
-
© Cenlitros
Fotografía: Javier Iglesias, Cenlitros
Relacionados - Arquivo do deseño
Vaixela Ferrádica
Rotulación “Calzados la Moderna”