Selos “Coma Ud. más pescado”
- Formato/tipoloxía
Esta serie de selos deseñouse para promocionar o consumo de pescado. Foron incluídos coa revista Industrias Pesqueras. Son un exemplo de publicidade colectiva para incrementar o consumo dun alimento básico como é o pescado. Os dous eixos argumentais da campaña foron: destacar o seu prezo asequible e as súas propiedades saudables. Este tipo de selos era unha forma de publicidade auxiliar denominada, segundo os manuais publicitarios da época, selo-reclamo. Estas catro pezas presentan motivos iconográficos e personaxes relacionadas co mundo marítimo: unha bañista, barcos pesqueiros, un mariñeiro ou un cociñeiro. Frases dirixidas a quen ve o anuncio convidan a comer máis pescado: “Coma Ud. más pescado, alimento de los pueblos fuertes”, “El pescado alimenta más y cuesta menos”, “Una comida exquisita y económica requiere el consumo de pescado”, “Coma Ud. más pescado, alimento sano y de fácil digestión”.
Esta campaña e as súas ilustracións utilizáronse tamén máis adiante como recurso que acompañaba á páxina do sumario da revista, compartimos imaxes do número 396 e o 399, publicados en 1943.
- Fonte
-
Quintas Froufe, Eva. “Federico Ribas Montenegro. Obra gráfica, editorial y publicitaria. Análisis y catalogación documental (1916-1936)”, Universidade de Vigo (2011) e Arquivo de Industrias Pesqueras
Relacionados - Arquivo do deseño
Cuberta “Estampas Compostelanas”
Cartel Rías Gallegas
Publicidade Conservas Massó
Portada da revista “Industria Conservera”
Relacionados - Recursos
100 años de Unión Conservera 1904–2004
- María Esther Rodríguez Losada , Luisa Fernanda Abreu Sernández , Antonio de la Peña Santos , Francisco Fernández del Riego , Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa , María Luisa Sobrino Manzanares e Xoán Carmona Badía
- 2004