Cartel “17 de maio 1980: Día das Letras Galegas”
- Formato/tipoloxía
Cartel conmemorativo do Día das Letras Galegas de 1980. Presenta unha composición dominada polo contraste entre o fondo maxenta e ocre da figura central. O retrato principal, unha ilustración de Rosalía de Castro, actúa como foco central, ocupando a maior parte do espazo. No seu cabelo intégranse os retratos de recoñecidos escritores galegos: Alfonso Rodríguez Castelao, Álvaro Cunqueiro, Camilo José Cela, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas e Manuel Curros Enríquez. O autor deste retrato grupal foi o debuxante Bernardo Saavedra Pita; nel representa a literatura galega a través de figuras ilustres na súa historía. Os trazos expresivos da ilustración confiren calidez e personalidade ao cartel. Mentres que o texto, que comparte a cor branca coa silueta do retrato, proporciona equilibrio á composición. Na parte inferior lemos DÍA das LETRAS GALEGAS nunha versión da tipografía Bauhaus. Á dereita da ilustración —en maiúsculas e con texto centrado— aparece a data da efeméride: 17 MAIO 1980. Neste caso a tipografía é a Mecanorma Poster, un deseño pre-dixital inspirado nos carteis do rock clásico dos anos 60 e 70.
- Créditos
-
Federación de Libreiros de Galicia
Editorial Galaxia
Edicións do Castro
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel de Baiona
Cartel “Anque chova, vota”
Cartel “Xove Nuclear Non”