Bandeira “Nunca Máis”
- Formato/tipoloxía
A bandeira “Nunca Máis” foi deseñada por Xosé María Torné para a plataforma do mesmo nome, creada poucos días despois do afundimento do petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. A plataforma representou gran parte da sociedade civil de Galicia en contra da xestión da crise por parte dos gobernos estatal e autonómico.
Torné toma a bandeira galega e tingue o fondo de negro, en alusión tanto ao loito como ao chapapote vertido polo petroleiro. O deseño está concibido para ser altamente reproducible en calquera soporte e condición de produción, desde pancartas artesanais ata impresións industriais, o que favoreceu a súa difusión masiva e a súa conversión nun signo colectivo de protesta. A súa forza reside precisamente na economía de recursos e na coherencia entre forma e mensaxe.
- Créditos
-
Plataforma Nunca Máis (promotor)
- Fonte
- Dereitos
-
© Xosé María Torné
Relacionados - Arquivo do deseño
Logotipo CIG
Logotipo COPG
Logotipo Laboratorios Orzán