Tarxetón publicitario Hepagastrón B12, Laboratorios Orzán, ca. 1940
i
Anverso de prospecto comercial para Caldetran D-3, Laboratorios Orzán ca.1950
i
1940-logotipo_laboratorios_Orzan_01

Logotipo Laboratorios Órzan

Formato/tipoloxía

Laboratorios Orzán foi fundado na Coruña en 1922 por Diego Fernández. Co obxectivo de diferenciarse doutros laboratorios existentes na época, desenvolveuse unha estratexia baseada no investimento en maquinaria moderna e na difusión de publicidade nos medios de comunicación. O coidado no deseño publicitario e nas embalaxes contribuíu a situalo entre os laboratorios máis destacados.
Nos primeiros anos, a identidade gráfica non incluía logotipo. Posteriormente creouse un deseño acorde coa imaxe moderna que se pretendía proxectar. O logotipo presenta unha composición xeométrica formada por un círculo de trazo groso, que evoca a forma do “O” de “ORZÁN” e encerra un monograma tipográfico. No interior, as letras “R”, “Z”, “Á” e “N” configuran unha composición equilibrada. A tipografía, de deseño personalizado, caracterízase por trazos grosos e rectos, esquinas marcadas e cortes angulares. As letras comparten liñas estruturais, creando un selo de identidade compacto e sólido.

Fonte

Tarxetón publicitario: Arquivo DIDAC Galicia
Prospecto comercial: Real Academia Galega. Arquivo Dixital de Galicia

Dereitos

Tarxetón publicitario: © Fundación DIDAC
Prospecto comercial: CC BY-NC-ND 4.0 Galiciana Arquivo Dixital de Galicia

1940-logotipo_laboratorios_Orzan_02

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos