Cartel “Ferias y Fiestas de San Froilán 1959”
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 88 x 64 cm
- Temática
- Festas e festivos
Cartel anunciador das Festas de San Froilán de Lugo, obra de Carpo (Rafael Pozo Collado). A composición estrutúrase arredor da figura dun cabalo de feira sobre o que monta un rapaz, así como dunha gaita e un tambor, resoltos mediante planos xeométricos e angulosos, linguaxe común na ilustración moderna de posguerra. Á esquerda introdúcese o escudo da cidade de Lugo, que funciona como elemento de ancoraxe institucional e identitaria. A paleta cromática combina cores planas para xerar contrastes intensos e engadir dinamismo.
A tipografía resolve, como é habitual na obra de Carpo, unha dobre función expresiva: por unha banda, unha escritura manuscrita e fluída para “Feiras e festas de”, que introduce un ton festivo e próximo; pola outra, unha rotulación de pau seco, rotunda e de gran corpo para “LUGO” e “San Froilán”, que garante impacto.
Carpo comezou a súa traxectoria artística como cartelista, eido no que gañou concursos en feiras de varias das principais cidades galegas e en diversos concellos de España.
- Créditos
-
Offset M. Roel (impresión)
- Fonte
-
Orixinal: Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel “Fiestas del Berbés 1959”
Cartel de Baiona
Cartel “Anque chova, vota”