Cartel “Fiestas del Berbés 1959”
- Formato/tipoloxía
- Temática
- Festas e festivos
Cartel anunciador das Festas do Berbés de 1959, obra de Rafael Pozo Collado, coñecido como Carpo. O deseño resólvese mediante unha composición central protagonizada por un peixe antropomorfizado que toca a gaita. A figura sintetiza visualmente a identidade mariñeira do barrio vigués do Berbés e a tradición festiva. A paleta cromática combina azuis, amarelos e laranxas sobre un fondo negro, aplicado con pinceladas soltas que achegan dinamismo á composición. A tipografía resolve dúas funcións diferenciadas: unha escritura manuscrita e fluída para o texto secundario (“festas do”), que introduce un ton festivo, e unha rotulación xeométrica e contundente para “BERBÉS”, que reforza a lexibilidade e o impacto visual.
A obra do pintor e deseñador vigués Carpo inscríbese no ámbito da ilustración e do cartelismo de mediados do século XX. Moitas das súas obras describen a vida cotiá e as tradicións do rural galego, que ás veces retrata cun ton humorístico ou irónico, como se aprecia neste cartel.
- Créditos
-
Offset M. Roel (impresión)
- Fonte
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel “Ferias y Fiestas de San Froilán 1959”
Cartel de Baiona
Cartel “Anque chova, vota”