1975-Cartel_festas_Peregrina-Zacarias_Castro

Cartel Festas da Peregrina 1975

Formato/tipoloxía
Temática
Festas e festivos

Este cartel, de grande contención formal, afástase da representación literal habitual noutros carteis de festa. A composición céntrase nun gran motivo circular desenvolvido arredor dunha vieira, elemento identitario da festividade por ser un dos rasgos máis característicos da Igrexa da Peregrina: a forma da súa planta. A figura central reproduce a vieira cos dous bastóns de peregrino que se atopa nunha das vidreiras da igrexa e nalgunhas pezas do mobiliario. A forma circular parece recrear a vidreira dun rosetón. Está construído a partir de formas xeométricas rigorosas e cores puras e planas, que responden á vontade declarada de Zacarías Castro de traballar a cor como “ente vivo”. O fondo escuro reforza a centralidade do motivo e a súa luminosidade. Esta énfase na luz e na cor conecta tanto coa espiritualidade asociada aos actos relixiosos da festa como co carácter festivo das celebracións populares, cos fogos artificiais e a verbena.

Créditos

C. Peón (impresión)

Dereitos
1975-Cartel_festas_Peregrina-Zacarias_Castro

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos