Carteis Turgalicia
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 48.4 x 68.2 cm
Esta serie de catro cartaces representa un xiro respecto ás convencións da publicidade turística da época: no canto de mostrar paisaxes ou monumentos, cada peza propón un único tipo de obxecto (cunchas, follas e prantas, torques, botas de camiñante), fotografado e composto sobre fondo branco.
Os tres primeiros organizan os elementos nunha estrutura en espiral que concentra a mirada no centro e desborda cara ás marxes; o cuarto, o das botas de peregrinos, distribúe os pares polo espazo de xeito máis libre.
A lóxica é a mesma nos catro: os obxectos condensan un relato de Galicia sen necesidade de explicitalo. As cunchas para a promoción das praias; as follas e flores para a promoción dos espazos naturais; os torques de ouro, para a promoción dos museos galegos; e finalmente as botas usadas, para o Camiño de Santiago. Arredor de cada obxecto, pequenas etiquetas relacionan cada un cos destinos: nomes de museos arredor dos torques; nome e procedencia de cada camiñante arredor das botas; nomes de praias arredor das cunchas e nomes de espazos protexidos arredor das follas e prantas.
O texto é o mínimo: nome do destino e créditos. O obxecto fai o resto e as etiquetas permiten un segundo nivel de lectura. A tipografía de palo seco cambia de cor en cada peza para acompañar a temperatura dos obxectos: azul nas cunchas, rosa nas follas, vermello nos torques, verde nas botas.
A serie é coherente coa poética do estudo: partir do patrimonio propio para devolvelo como signo contemporáneo, limpo e de gran impacto visual.
- Créditos
-
Litonor (impresión)
Turgalicia (promotor) - Fonte
- Dereitos
-
© Grupo Revisión
Relacionados - Arquivo do deseño
Cuponazo da ONCE
Camiseta da Selección Galega de Fútbol
Caixa de ovos Pazo de Vilane