Cartel I Exposición de Artesanía
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 48 x 69 cm
Na España de mediados do século XX, era habitual que os concellos e os organismos culturais promovesen exposicións de artesanía co obxectivo de difundir oficios locais, deseños e produtos artesáns (tecidos, cerámica, xoiería, etc.).
Este cartel, de autoría descoñecida, forma parte do material promocional dunha destas mostras celebradas na Coruña. Desde o punto de vista formal, sitúase nun momento de inflexión do deseño gráfico da posguerra, afastándose do cartel ilustrado, pictórico ou costumista característico da década de 1940 e conectando coa progresiva incorporación de linguaxes modernas, como a xeometría e a abstracción, así como coa influencia centroeuropea (Suíza, Italia, Alemaña). Constitúe un exemplo dunha modernidade que non se presenta como vangarda, pero que adopta os seus principios formais.
Existe unha tensión conceptual entre un tema tradicional, como a artesanía, e unha linguaxe radicalmente moderna. A artesanía preséntase non como folclore, senón como expresión de cultura material contemporánea, afastada de calquera intención decorativa ou nostálxica.
- Créditos
-
Concello da Coruña? (promotor)
L. Lorman (imprenta)
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel de Baiona
Cartel “Anque chova, vota”
Cartel “Xove Nuclear Non”