1936-cartel-Estatuto-BernardinoVidarte

Cartel “Votar o Estatuto”

Formato/tipoloxía

Este foi un dos numerosos carteis que se crearon para promover a participación e o voto positivo no plebiscito do Estatuto de Autonomía de 1936. A ilustración de Bernardino Vidarte presenta, en primeiro plano, unha estrella cun feixe de luz que parece atravesar unha cadea. No fondo vemos unha paisaxe montañosa e —detrás da cadea e á esquerda da estrela— unha árbore. O debuxo, en tinta negra, aparece impreso sobre un rectángulo amarelo. Na parte inferior, lemos a mensaxe VOTAR O ESTATUTO E VOTAR PORQUE NOS GOBERNEMOS CON LEISES GALEGAS. NAIDE SABE DO NOSO MAIS QUE NOS. O texto está composto con catro tipografías diferentes, en distintos tamaños e con aliñamento central. Nas tipografías, de estrutura condensada, hai unha mestura estilos: uns vencellados ao Vello Oeste e outros máis publicitarios. Foi a mindoniense Imprenta Popular, que abrira as súas portas en 1922, a encargada de imprimir o cartel e compoñer o texto.

Créditos

Imprenta Popular, Mondoñedo

Fonte

Web mondonedo.net (Manuel Guerra)

Dereitos
1936-cartel-Estatuto-BernardinoVidarte

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos