Pratos Cráter, Horizonte, Volcán
- Dimensións
- 3x24x24 cm (Cráter); 5x23x23 cm (Horizonte); 5x22 cm (Volcán)
- Produción
- Cerámica SUVE
Cerámica SUVE é un proxecto liderado polos ceramistas Suso Dobao e Verónica Pérez no seu obradoiro de Cunchido (Cangas, Pontevedra). Unha parte significativa do seu traballo oriéntase á elaboración de vaixelas artesanais destinadas ás mesas de recoñecidos chefs do panorama gastronómico español. O seu enfoque combina a artesanía galega con influencias xaponesas e coa reinterpretación das posibilidades da porcelana.
Un exemplo deste enfoque son os pratos “Cráter”, “Horizonte” e “Volcán”, que forman parte dun conxunto de servizos de vaixela caracterizados por unha linguaxe orgánica e por formas inspiradas na natureza. Estas pezas foron un encargo para o restaurante Casa Solla, en Poio. En palabras de Suso Dobao, “a Pepe Solla gústalle moito a lixeireza da nosa porcelana, pero para determinados pratos prefire acabados máis orgánicos e as texturas case volcánicas que ofrecen determinados esmaltes”.
As tres pezas foron exhibidas como parte da mostra “Platos del día. Cerámica contemporánea y de autor” no Museu del Disseny de Barcelona.
- Fonte
- Dereitos
-
CC BY-NC-ND 2.5 ES
Fotografía: Guillem Fernández-Huerta
Relacionados - Arquivo do deseño
Figura As San Lucas
Vaixela infantil
Leiteira AB/1