2014-vaixela_ferradica-cenlitros-03
2014-vaixela_ferradica-cenlitros-02
2014-vaixela_ferradica-cenlitros-01
Formato/tipoloxía
Produción
Sargadelos
Material
porcelana

Ferrádica é unha vaixela composta por pezas cerámicas planas e de formato rectangular que se afastan do prato redondo tradicional. Foi deseñada no marco do proxecto GastroLab (2011), promovido por Sargadelos.

As pezas presentan contornos asimétricos e formas variables, condicionadas polo propio proceso de produción. A proposta traslada ao ámbito gastronómico o sistema tradicional de medida agraria galega dos ferrados, convertendo a parcelación do terreo en soporte culinario. A vaixela estrutúrase en tres soportes con superficies diferenciadas, equivalentes a distintas “parcelas”: unha superficie labrada, destinada a aperitivos secos, carpaccios ou elaboracións similares; unha superficie plana, axeitada para purés ou escumas; e unha superficie cóncava, pensada para caldos, sopas ou cremas. Cada peza cumpre unha función específica dentro do servizo. Dispostas lonxitudinalmente, xeran composicións topográficas que evocan unha paisaxe de inspiración galega.

Dereitos

© Cenlitros

2014-vaixela_ferradica-cenlitros-03

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos