Movement_NMtype12
Movement_NMtype8
Movement_NMtype11
Movement_NMtype3
Movement_NMtype9
Movement_NMtype4
Movement_NMtype6
Movement_NMtype5
Movement_NMtype7
Movement_NMtype14
Formato/tipoloxía

Movement foi a primeira fonte variable creada en Galicia. Deseñada por María Ramos e Noel Pretorius, socios na fundición tipográfica independente NM type. Foi desenvolvida en colaboración coa plataforma Design Indaba, que —entre o ano 2006 e o 2019— celebraba unha conferencia anual arredor do deseño e a creatividade, en Cidade do Cabo (Sudáfrica).


As fontes variables xurdiron no ano 2016, cando varias empresas tecnolóxicas —Apple, Adobe, Google e Microsoft— anunciaron, durante a conferencia anual da Asociación Tipográfica International (ATypI), o lanzamento dun novo formato que permitía a inclusión de distintos estilos tipográficos nun único arquivo de fonte. Aínda que nos primeiros anos poucas aplicacións e navegadores soportaban o novo formato, pronto empezaron a aparecen as primeiras fontes experimentais, lonxe das familias tipográficas clásicas. Movement foi un deses deseños que explorou novos camiños grazas ao novo formato.


As súas formas están inspiradas nos movementos da danza, en concreto, os de Andile Vellem, bailarín, coreógrafo e fundador da compañía de danza inclusiva Unmute Dance. A súa interpretación de letras e números foi reinterpretada por María e Noel para dar forma a un conxunto de caracteres, que inclúe maiúsculas, números e signos de puntuación básicos. O proceso de deseño levounos a investigar sobre a análise da danza contemporánea e o movemento. As teorías de Rudolf Laban foron o punto de partida para a definición dos estilos dentro da fonte variable. A tipografía presenta dous extremos de peso (Thin e Black) e dous extremos no espazo (Directo e Indirecto). O movemento directo (rápido, pesado e ríxido) aparece representado con trazos rectos, mentres, o movemento indirecto (lento, lixeiro e flexible) parece representado con liñas curvas. Movement foi presentada na conferencia inaugural de Design Indaba en 2019. É unha tipografía gratuíta que foi recoñecida con premios internacionais e captou a atención de numeros medios e publicacións especializadas.

Créditos

Andile Vellem (bailarín e coreógrafo)
Design Indaba (promotora)

Fonte
Movement_NMtype12

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos