Colección “Eu no canto por cantar” © desescribir, 2014
i
Etique Ábalo Méndez. Foto de Roi Alonso © cenlitros, 2020
i
Libro “Futuros posibles. Diseño para a innovación na era pos-COVID” © DARDO, 2020
i
Web “Estudo da Economía do Deseño en Galicia” © Novagarda, 2021
i

Tipografía Isaac Sans

Formato/tipoloxía

O deseño da tipografía Isaac Sans trata de recoller a tradición da letra galega nunha proposta contemporánea e versátil. A familia tipográfica toma o nome de Díaz Pardo, un dos deseñadores que utilizaron as formas da “letra galega” de maneira sistemática, na fábrica de cerámica Sargadelos e outras entidades que xurdiron conectadas a ela. “Sans” fai referencia á nomenclatura tipográfica que se usa para clasificar o deseño de caracteres sen remates, en contraposición ás tipografías “serif” (con remates). Segundo palabras do propio autor Isaac Sans é unha fonte que buscar “unir a eficacia e a funcionalidade dunha tipografía de edición coa forza estética da xeometría da vangarda histórica”. É unha tipografía “lineal grotesca construída”, un termo acuñado por Adrian Frutiger nos anos 80 para definir unha nova tipoloxía a medio camiño entre as lineais grotescas e as lineais xeométricas. 


É a tipografía que se utilizou no redeseño da identidade da DAG Asociación Galega de Deseño en 2014 e se converteu na tipografía corporativa da asociación dende ese momento. A familia tipográfica inclúe 7 pesos coas súas correspondentes itálicas. Hai tamén unha versión “display” para usos en tamaños máis grandes, que engade elementos decorativos claramente vencellados á “letra galega”, como a barra horizontal na parte superior do A ou o círculo no interior do O. Compartimos algúns exemplos de uso que mostran a súa versatilidade en distintos formatos.

2014-tipografia-IsaacSans-MarcosDopico-cartel

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos