1995-tipografia_gallaecia_castelo-carlos_nuñez-03
1995-tipografia_gallaecia_castelo-carlos_nuñez-01
1995-tipografia_gallaecia_castelo-carlos_nuñez-02

Tipografía Gallaecia Castelo

Formato/tipoloxía

Carlos Núñez empezou a traballar nesta tipografía en 1989 e rematouna 6 anos despois, no estudio que el mesmo fundou en Vigo: Variografik. A intención deste deseño foi crear unha tipografía propia para Galicia. Inspirada na epigrafía medieval, o deseñador utilizou máis de 200 fotografías de textos gravados en pedra en lugares como San Pedro de Rocas (Ourense), o Pórtico da Gloria (Santiago), as igrexas de San Fiz de Solovio (Santiago) e Vilar de Donas (Cuntis), as lápidas do cemiterio de Santa María A Nova (Noia) e o castelo de San Antón (A Coruña), a Porta da Vila (Viveiro), o muro exterior da igrexa de San Pedro de Berdoias (Vimianzo), ou o claustro do convento de Lérez (Pontevedra). 

Esas letras e números medievais mesturaban un serie de referencias e tiñan un carácter propio, se ben, segundo palabras do deseñador “é posible que o canteiro que esculpiu as letras no dintel do Pórtico do Mestre Mateo nunca fóra coñecedor de que na súa alma gardaba a xeometría da obediencia da letra uncial grega, a disciplina do alfabeto ulfiano visigótico e o sentido espacial da letra rúnica viquinga; o noso canteiro esculpía a letra oficial, a do reino de Gallaecia”.

Na súa presentación, Carlos Nuñez describe así a tipografía: “O deseño da familia de letras Gallaecia Castelo está concebido desde a modernidade que, retrocedendo no tempo, trata de mostrarnos as pautas xeométricas dunha escritura recuperada no esquecemento da historia de Galicia. Esta letra Gallaecia non é unha letra de pau seco; os séculos de historia medieval galaico-sueva deixaron non seus trazos un carácter propio, que a distingue doutras letras de tipografía elemental. Carente dun absolutismo ríxido, esta letra xustifica a súa razón única no recoñecemento da súa utilización durante aqueles mil anos labrados sobre pedra, coa nobreza que comporta a mensaxe nada platónica de ser memoria histórica de acontecementos, como a fundación de catedrais, inmortalizar unha fortaleza ou resumir a gloria dun personaxe na súa lápida sepulcral”. 

A tipografía, rexistrada industrialmente en 1997, foi unha das primeiras fontes dixitais desenvolvidas en Galicia. No ano 2003, co gallo da celebración do 40 aniversario do Día das Letras Galegas, foi distribuída gratuítamente —nun cedé— co xornal La Voz de Galicia.

Fonte

Carlos Núñez

Dereitos

© Carlos Núñez. Todos os dereitos reservados

1995-tipografia_gallaecia_castelo-carlos_nuñez-03

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos