Libro “Dolmen”
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 12,5 x 17 cm
Este libro de poemas está composto por 74 páxinas. A cuberta foi deseñada/debuxada por Manuel Torres, que xoga cunha caixa rectángular —dividida en tres partes— para incluír todos os elementos. Os textos do título e nome do autor aparecen encaixonados na faixa superior e inferior, e no centro —dentro dun rombo— vemos unha ilustración impresa nunha tinta diferente. Todas as letras da cuberta están debuxadas. No título observamos proporcións e influencia do art déco, que tamén está presente na elección da tipografía para a composición das páxinas interiores. Mentres, no nome do autor, as formas das letras conectan dalgunha maneira coa letra galega.
- Créditos
-
Urbano R. Moledo (autor)
La Nueva Prensa, Vigo (imprenta) - Fonte
-
Orixinal: Real Academia Galega
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Portada da revista “Industria Conservera”
Cuberta “Estampas Compostelanas”
Cuberta “La tragedia del Caballero de Santiago”