1939-AnuarioVigo-CarlosMaside
1941-AnuarioVigo-CarlosMaside
Formato/tipoloxía
Dimensións
31 x 21,6 cm

Esta publicación anual daba conta de estatísticas, datos económicos, información comercial e da actividade cultural na cidade de Vigo. Na súa “Guía General del comercio, la Industria y las Profesiones” recoñecemos a realidade de cada momento, con profesións e comercios hoxe extinguidos ou escasos (máquinas de escribir, fotogravado, cesteiros) outros que foron numerosos (xastrerías, almacéns de tecidos, fábricas de gaseosas) e moitos vencellados á industrias relevantes como as conserveiras (fábricas de grellas metálicas, litografías, latoeiros, fariñas de pescado) ou a moda (camiserías, fábricas de botóns e fibelas, fábricas de cores e tintes).

Para o deseño da súa cuberta contou con afamados nomes do mundo da arte, a fotografía e a ilustración. Era a carta de presentación do anuario e convertíano nunha peza atractiva para calquera que o tivese nas súas mans. Compartimos só dúas das primeiras cubertas, ilustradas por Carlos Maside en 1939 e 1941, que son de dominio público. Maside ilustraría tamén as portadas do Anuario de 1945, 1946, 1950 e 1951. Os libros completos coas súas cubertas (1939–1978) poden consultarse na páxina web da Biblioteca Dixital de Galicia. Aí atopamos interesantes propostas de artistas como José Sesto (1944), Johán Ledo (1952), Manuel Torres (1959) ou Urbano Lugrís (1968).

A publicación foi declarada de utilidade local polo Concello de Lugo, e así figura xa nas páxinas do número 3, publicado en 1941.

Créditos

Ángel Sevillano García (director)
Litografía e Imprenta M. Roel, Vigo (impresión cubertas, 1939–1959)

Dereitos
1939-AnuarioVigo-CarlosMaside

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos