Logotipo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
- Formato/tipoloxía
- Temática
- Identidade institucional
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) constitúese en 1993 como parte da rede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
O logotipo realizado por Alberte Permuy consiste nunha cruz grega con catro brazos que rematan en formas circulares, conformando un cuadrilóbulo de lectura múltiple. A referencia máis inmediata é a cruz da sanidade, pero a forma acumula outras connotacións propias do contexto: a cruz de Santiago, o motivo da cuncha do peregrino e a flor de catro pétalos presente na tradición ornamental galega. A opción polo brazo redondeado en lugar do ortogonal suaviza o carácter institucional do signo e achégao ao imaxinario do coidado. O símbolo aparece sobre un cadrado azul de ángulos lixeiramente redondeados, e a composición tipográfica utiliza Rotis, de Otl Aicher, unha sans-serif humanista.
O traballo segue o modelo de Permuy Asociados para a Administración galega: partir dun imaxinario propio do lugar, neste caso a encrucillada entre a medicina, a peregrinación e a cidade, para construír un signo de síntese institucional.
- Fonte
-
Colección Uqui Permui
- Dereitos
-
© Alberte Permuy
Relacionados - Arquivo do deseño
Logotipo do Consorcio de Santiago
Logotipo Xunta de Galicia
Colección Arqueoloxía/Memorias