Logotipo Xunta de Galicia
- Formato/tipoloxía
A identidade corporativa da Xunta de Galicia foi renovada en 2003 baixo a dirección do deseñador Alberte Permuy en substitución do sistema visual empregado desde 1985. A reforma respondeu á necesidade de corrixir problemas de lexibilidade, dispersión e inconsistencia detectados na identidade anterior, coincidindo coa consolidación da comunicación institucional en soportes dixitais. O novo logotipo introduciu unha estrutura máis racional e compacta.
Formalmente, o logotipo reorganiza a relación entre símbolo e tipografía. O escudo simplificado da Xunta mantense como elemento de continuidade institucional, mais a palabra “Galicia” pasa a funcionar como eixo identitario e aparece ao mesmo nivel xerárquico que “Xunta”. A composición abandona a fragmentación da versión anterior e adopta unha solución máis horizontal, compacta e reproducible.
O tratamento tipográfico, en maiúsculas con letras de inspiración epigráfica busca transmitir estabilidade e, ao mesmo tempo, remite á “letra galega” de Castelao. O deseño resolve así un equilibrio entre tradición e modernidade: conserva os símbolos históricos asociados ao autogoberno galego, integrados nun sistema máis flexible e contemporáneo.
- Créditos
-
Xunta de Galicia (promotor)
- Fonte
-
Colección Uqui Permui
- Dereitos
-
© Alberte Permuy
Relacionados - Arquivo do deseño
Logotipo do Consorcio de Santiago
Cartel “Plántate. Vive sen tabaco”
Logotipo do Concello de Santiago