Logotipo Noroeste Cargo
- Formato/tipoloxía
O logotipo da empresa de transporte Noroeste Cargo é unha das primeiras marcas comerciais, que saibamos, que foi realizada por unha deseñadora en Galicia. É unha identidade creada nos anos noventa por Uqui Permui. A deseñadora debuxa as iniciais da empresa “NC” con formas angulosas, inspiradas na xeometría básica dos contedores de mercancías. O deseño xoga coa perspectiva, con cortes oblicuos que aportan dinamismo. O azul dominante transmite estabilidade, rigor e fiabilidade, mentres, o vermello —no pequeno cadrado desprazado sobre o “C”— funciona como acento visual e punto de tensión. O deseño é coherente co clima gráfico de mediados dos anos noventa, no que priman a economía de recursos e a construción de identidades visuais precisas e duradeiras.
- Fonte
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Cabeceiras “Andaina. Revista do movemento feminista galego” (primeira época)
Cartel “Mulleres, quen nos defenderá dos nosos defensores!”
Cartel “Fai falta outra lei de aborto libre...”