Portada revista “Luz”
“Luz” foi unha revista semanal ilustrada de catro números, publicada en xullo no ano 1922. Foi continuada pola revista quincenal “Gráfica” e, posteriormente, por “Marineda”. A súa portada foi deseñada polo debuxante, gravador e pintor Luís Huíci, pouco despois de instalarse na cidade da Coruña. Huíci, de profesión xastre, aparece vencellado á estética vangardista, xunto a nomes como Cándico Fernández Mazas ou Álvaro Cebreiro. As súas gráficas rupturistas, de formas xeométricas angulosas e composicións dinámicas, ilustraron algunhas das revistas culturais galegas máis importantes. Nas catro portadas da revista “Luz” Huíci xoga precisamente con iso, a luz, “recortando” a mancha de tinta e deixando “espido” o papel para crear imaxes e textos. Nos dous primeiros números vemos un feixe luminoso, en liña coa diagonal que crean as letras do título. No terceiro e o cuarto, a luz múltiplicase e podemos intuír a figura dun faro. Cada unha das catro portadas esta impresa cunha cor diferente. O debuxante ilustrou tamén algunhas páxinas da revista.
- Créditos:
-
Talleres tipográficos del Noroeste, A Coruña (imprenta)
Juan Marín Felipe (director) - Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Portada Semanario “Claridad” número 17
Farolas Paseo Marítimo A Coruña
Portada “Yunque, periódico de vanguardia política”