1978-Portada_NHU-Ventura_Cores

Portada disco N.H.U.

Formato/tipoloxía:
Dimensións:
31,8 x 31,8 cm

N.H.U. (Una Hermosa Noche) foi un grupo musical galego de rock progresivo, psicodelia e jazz fusión, formado en 1973 en Santiago de Compostela. Con influencias de King Crimson ou Yes, foron dos primeiros grupos de rock en facer letras en galego. O deseño de Ventura Cores para o seu LP de debut encaixa claramente na estética psicodélica e pop dos anos sesenta e setenta, tanto polo uso de cores saturadas e contrastadas como pola repetición de rostros e o tratamento gráfico —próximo ao cartel musical e á ilustración experimental. A simplificación das formas e a falta de profundidade reforzan a iconicidade e o simbolismo. O deseño afástase do retrato realista e conecta coa linguaxe visual asociada á contracultura.

Créditos:

Zafiro (discográfica)
Hispavox (fabricante)

Dereitos:
1978-Portada_NHU-Ventura_Cores

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos