Símbolo Concello de Mazaricos
- Formato/tipoloxía:
Probablemente un dos primeiros concellos galegos en “atreverse” a simplificar o seu símbolo, alonxándose ademais da herádilca histórica. O símbolo utilízase a miúdo sen ningún tipo de texto, sendo claramente recoñecido pola xente da contorna. Empezou a utilizarse no ano 1992 —sendo alcalde Xoán Ramos Rodríguez— ano no que tamén se iniciaron os trámites para que A Picota pasase a ser a capital oficial de Mazaricos.
Segundo Suso Jurjo, historiador e Técnico de Cultura no Concello de Mazaricos “ante a insignificancia visual e simbólica do escudo municipal oficial, decídese encargar un logotipo que usando unha linguaxe innovadora, acorde coa modernidade tecnolóxica de finais do século pasado, identificase o concello e o proxectase alí onde fixese falla”.
O símbolo identifica o nome do municipio coa imaxe dun mazarico, un paxaro do que moi probablemente ven o topónimo. O deseño presenta a silueta do mazarico sobre o cume do Monte da Ruña, o punto máis alto do concello. Os dous elementos aparecen recortados sobre un óvalo de cor verde. A iconicidade do conxunto e o característico aspecto do paxaro, co seu longo peteiro arqueado, convertírono nun elemento comunicativo amplamente utilizado e recoñecido. A esencialidade do deseño, coa simplicidade das formas e o uso dunha única cor, suxire ademais valores ecolóxicos e de sostibilidade.
- Fonte:
-
Colección Irmás Ramos Silva
- Dereitos:
-
CC BY-SA 4.0
Foto pin, Luis Díaz Díaz para AR\DE
Relacionados - Arquivo do deseño
Símbolo xoiaría Malde
Bandeira Irmandade da Fala de Betanzos
Proposta de escudo para Galicia