Símbolo xoiaría Malde
- Formato/tipoloxía:
Identificador da xoiaría de Manuel Malde López, inaugurada en 1884 no número 69 da rúa Real da Coruña. O símbolo/monograma, de influenzas art déco, adoita aparecer integrado nunha composición circular xunto co escudo da Casa Real —en referencia á súa distinción como provedor oficial desde 1922— o nome da marca e a data de fundación. En varios deseños corporativos (almanaques, tarxetas e outros elementos da papelería e decoración) podemos ver a banda conformada por tres liñas con cruces oblicuas a modo de greca.
As letras de MALDE organízanse no interior dun M envolvente, con caracteres lineais e estilizados que se entrelazan, sen remates. Aparece en publicidade impresa desde a segunda década do século XX, en adhesivos que colocaban nas pezas producidas no seu obradoiro, en estampados nas embalaxes ou en pezas máis recentes, como o envés das medallas conmemorativas do torneo de fútbol Teresa Herrera.
O éxito do negocio permite a apertura en 1933 doutro establecemento en Compostela, un proxecto do arquitecto José Caride considerado un dos escasos exemplos de arquitectura da primeira modernidade conservados en Galicia. Coñecido polo seu excelente traballo en prata de primeira lei, esta empresa familiar que perdurou tres xeracións, cerrou as súas portas en 2011, logo de máis de 112 anos de actividade.
- Fonte:
-
Revista Alfar, Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
- Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Cabeceira revista Ronsel
Armario libraría Cervigón
Cartel de Baiona
Mesa escritorio Cervigón
Relacionados - Recursos
Ánxel Casal, un editor para un país: Catálogos de Lar e Nós
- Alfonso Mato , Mercedes Bangueses Vázquez , Ernesto Vázquez Souza , Isaac Díaz Pardo , Ramón Villares Paz e María de Lourdes Pérez González
- 2007
100 años de Unión Conservera 1904–2004
- María Esther Rodríguez Losada , Luisa Fernanda Abreu Sernández , Antonio de la Peña Santos , Francisco Fernández del Riego , Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa , María Luisa Sobrino Manzanares e Xoán Carmona Badía
- 2004