Brasón da capela do Patrocinio de Rianxo debuxado por Castelao. Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Fondo Fermín Bouza-Brey, WH2. [1CJ] PROV.
i
Brasón dunha casa de de Rianxo debuxado por Castelao. Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Fondo Fermín Bouza-Brey, WH2. [1CJ] PROV.
i
Brasón da casa da Magaroqueira (desaparecida) en Cabo da Vila (Rianxo) debuxado por Castelao. Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Fondo Fermín Bouza-Brey, WH2. [1CJ] PROV.
i

Proposta de escudo para Galicia

Formato/tipoloxía:

A proposta dun novo escudo para Galicia aparace publicada na revista “Nova Galiza”, nun artigo titulado “Os novos símbolos da Nova Galiza”, o 1 de xullo de 1937. Castelao facía unha proposta formal e unha “defensa anticipada” con este texto: “O emblema comunista —fouce e martelo cruzados— que representa a unión dos obreiros e campesiños atrai a nosa atención, porque quixeramos dar con un símbolo igualmente afortunado que representase a unión dos labregos e mariñeiros de Galiza. ¿Cruza unha fouce con unha ancla? Sería un plaxio desafortunado. Tamén se poderían cruzar dous froitos do traballo galego. ¿Un peixe e unha espiga? Resulta antiartístico. Sería prefefible recurrir aos emblemas tradicionales que lembrasen a grandeza espiritual ou social de Galiza. Fixen probas para combinar a estrela coa cuncha e aparte de non deixarme satisfeito resultaba unha rememoración das pelegrinaxes xacobeas e non un recordo da nosa universalidade.” Despois dun parágrafo no que fala da apropiación por parte dos nacionalsocialistas alemáns do lauburo vasco, que fixo imposible o uso do tríscele galego como símbolo nacional, remata coa seguinte conclusión: “Non nos quedaba máis que a fouce de ouro sobor dun fondo azul e estrela bermella, como emblema do Traballo e da Liberdade. Ourelando o escudo cumpría deixar patente o martirio de Galiza. E a sirea que pertence á heráldica galega como símbolo mariño que fale do engado atlántico, orixe das nosas aventuras.”

Compartimos tamén unha serie de debuxos de Castelao, que revelan un estudo gráfico da heráldica en Rianxo. Nas imaxes Castelao reproduce os escudos da capela do Patrocinio e un par de casas da súa vila natal. Nestes tres debuxos —conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense— a serea aparece sempre como figura destacada. Foron publicados na separata “Escudos de Rianxo”, con texto de Fermín Bouza-Brey e publicada por Nós en 1933, aínda que os debuxos son anteriores a esa data.

Fonte:

Proposta: Boletín Nova Galiza vía Biblioteca Digital Memoria de Madrid
Debuxos: Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Fondo Fermín Bouza-Brey, WH2. [1CJ] PROV.

1937-escudo-Galiza-Castelao-01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos