Sumario número 32, cabeceira de Francisco Miguel
i
Sumario número 32, cabeceira de Francisco Miguel
i
Sumario número 35, viñeta de Rafael Barradas
i
Sumario número 37
i

Sumario revista “Alfar”

Formato/tipoloxía:
Dimensións:
23 x 31 cm

A revista “Alfar”, continuadora da “Revista de Casa América-Galicia”, comezou no número 32, en setembro de 1923, na Coruña. Foi unha publicación vencellada á difusión das vangardas artísticas e literarias no ámbito galego e estatal, e introduciu en España movementos de vangarda como o surrealismo ou o creacionismo, feito que a situou ao nivel doutras publicacións do seu tempo, como a “Revista de Occidente”.


Baixo a dirección do poeta Julio J. Casal, cónsul do Uruguai na cidade herculina, o deseño de “Alfar” estivo fortemente influído polo ultraísmo e outras vangardas. Os creadores Francisco Miguel e Rafael Barradas foron directores artísticos da revista en distintas etapas, así como colaboradores habituais.


Os deseños máis destacables do sumario de “Alfar” débense a Francisco Miguel. Nos números 32-34 realizou cabeceiras, o grafismo non ilustra senón que constrúe identidade. Os elementos gráficos —estrelas xeométricas, motivos angulosos, paisaxes esquematizadas— conectan coa estética do ultraísmo, no que a fragmentación e a síntese formal adquiren protagonismo. 

Nos número 35 e 36, a noción de cabeceira ilustrada desaparece, substituída por viñetas de Rafael Barradas con un carácter máis decorativo. Desde o número 37, a tipografía  convírtese no principal elemento articulador, coa marca de Alfar tomando o lugar das ilustracións. 

Créditos:

Julio J. Casal (dirección)
Casa América-Galicia (edición)

Fonte:

Orixinal: Real Academia Galega
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

1923_1955-Sumario_Revista_Alfar-n32-Francisco_Miguel

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos