1975-Cartel_X_cabalgada_reises-Antonio_Moragon

X Cabalgada de Reises 1976, Muros

Formato/tipoloxía
Dimensións
61 x 43 cm
Temática
Festas e festivos

Cartel realizado polo artista e deseñador toledano Antonio Moragón, que residiu en Santiago entre 1959 e 1977. Un dos aspectos máis salientables do deseño é a reinterpretación dos Reis Magos como figuras próximas á realidade social galega, aparecen caracterizados como un labrego, un emigrante e un mariñeiro. Levan elementos que os vinculan directamente coa cultura popular e coa experiencia migratoria: boina, maleta, sombreiro, sacho e remo. Esta apropiación simbólica transforma o relato bíblico nunha alegoría contemporánea, na que os Reis encarnan a Galicia traballadora e desprazada, conectando a celebración tradicional cun discurso identitario e social propio do contexto da Transición. 

Créditos

Concello de Muros (promotora)
Imprenta Paredes

1975-Cartel_X_cabalgada_reises-Antonio_Moragon

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos