Caixas lapis Johann Sindel
- Formato/tipoloxía:
- Serie:
- Lapis Johann Sindel
- Produción:
- Hispania S.L., Ferrol
A fábrica de lapis Hispania foi unha iniciativa do representante de material de escritorio Alberto Fernández Martín e do ebanista Antonio Tella Vivero. En 1934 Alberto funda a empresa xunto a un grupo de socios capitalistas. Ademais dos populares lapis Johann Sindel, a empresa produciu tamén outro produtos, como plumas de aceiro, bolígrafos, rotuladores, botóns ou peines de caucho.
Sen dúbida o coidado deseño e a calidade dos lapis Johann Sindel foron importantes no éxito de Hispania. Os lapis podían venderse soltos ou en lotes, para os que se deseñaban caixas e faixas que servían tamén de sorporte publicitario da propia marca. Descoñecemos se estas pezas se deseñaban na propia empresa ou se encargaban a profesionais externos.
- Fonte:
-
Colección privada Juan Vidal (Ferrol)
- Dereitos:
-
Colección Juan Vidal. Fotografía: Juan Vidal
Relacionados - Arquivo do deseño
Caixa lámpadas Yria
Caixa de ovos Pazo de Vilane
Cabeceiras “Andaina. Revista do movemento feminista galego” (primeira época)