1996-Pazo_de_Vilane-Grupo_Revision_03-min
1996-Pazo_de_Vilane-Grupo_Revision_01-min
1996-Pazo_de_Vilane-Grupo_Revision_02-min
Formato/tipoloxía:
Dimensións:
17 x 22 x 7 cm

Pazo de Vilane foi unha marca pioneira no sector alimentario ao crear unha nova categoría: a dos ovos campeiros. Este deseño de Grupo Revisión rompe co estándar de empregar fotografía na gráfica e escapa da habitual oveira de celulosa para envasar o produto. En lugar de transmitir unha idea industrial e repetitiva, a caixa de cartón visto constrúe unha identidade diferencial e contribúe a definir unha nova categoría de produto. O deseño emprega unha soa tinta para reducir custos e inclúe unha ilustración inspirada en motivos da cerámica popular de Barcelos (Portugal). O resultado transmite a esencia da marca: naturalidade, artesanía e sostibilidade. O deseño das caixas para Pazo de Vilane recibiu diversos premios, que destacaron a ideación e formato desta embalaxe.

Fonte:

Grupo Revisión

Dereitos:

Imaxes © Grupo Revisión

1996-Pazo_de_Vilane-Grupo_Revision_03-min

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos