Cartel “A moda en Galicia. O viño en Galicia”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 69 x 48 cm
Este cartel foi creado no estudio BC&G (fundado en 1984 e disolto en 1985). Está impreso a dúas caras é foi concibido como unha peza híbrida entre cartel promocional e programa informativo do evento. O anverso presenta un tratamento gráfico experimental no que destaca o uso de tintas especiais e unha composición de carácter conceptual. O reverso permite o seu pregado para ser usado como programa do curso. A composición tipográfica, a economía de elementos e o uso expresivo da cor sitúan a peza nun contexto de transición cara a un deseño máis conceptual e menos ilustrativo, propio dun ámbito académico e institucional que comeza a incorporar o deseño como ferramenta estratéxica de comunicación.
- Créditos:
-
Velograf (impresión), Universidade de Santiago de Compostela (promotora)
- Dereitos:
-
Imaxe © Museo do Pobo Galego
Relacionados - Arquivo do deseño
Cadernos caligráficos
Cartel “Plántate. Vive sen tabaco”
Cartel 1ª Feria de Muestras Regional Gallega de Santiago
Cartel de Vigo
Relacionados - Recursos
Con Galiza Sempre no horizonte: Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela
- Gloria López e Xosé Ramón Fandiño
- 2018
O nome galego como activo das iniciativas empresariais e culturais. V Xornada de Onomástica Galega
- Irene García e Raquel Boo
- youtu.be
- 2020
ABC–Deseño. Diccionario do deseño e da innovación en Galicia
- David Barro , Carmen Verdú e Sara Donoso
- 2022