Cartel “¡Alto! Merque vosté Un ollo de vidro”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 71,5 x 59,9 cm
Cartel promocional do primeiro libro en prosa de Castelao, de temática anticaciquil e sobre o mundo de ultratumba. A composición está dominada por unha figura teatral e inquietante, de rostro enmascarado, que se ergue sobre unha caveira que aparece na cuberta da novela. A man dereita da personaxe sostén o logotipo da editorial Céltiga, mentres, á esquerda sinala o “ollo de vidro”, un xesto que introduce un xogo visual e simbólico. O uso de formas planas, contornos grosos e cores limitadas (ocre, branco e negro) acentúa o impacto gráfico e facilita a lectura a distancia, seguindo os principios dos carteis publicitarios da época.
- Créditos:
-
Eugenio Charlón Arias (gravador)
- Fonte:
- Dereitos:
-
Imaxe © Museo de Pontevedra
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel “Fálalle galego”
Francisco Mantecón
\
1984
Cartel “Lea vosté Céltiga”
Cartel Cinzano
Luís Seoane
\
1952
Cartel Rías Gallegas
Federico Ribas Montenegro
\
1930