Identidade Seminario de Estudos Galegos
- Formato/tipoloxía:
A marca do Seminario de Estudos Galegos foi deseñada nos anos 20 do século pasado, cunha clara influencia de Vicente Risco na elección da iconografía do Santo Graal. Para Risco, o Graal era un símbolo de conexión entre a tradición céltica e o cristianismo, e da eternidade da raza celta e de Galicia tal como defendeu en “Doutrina e ritual da Moi Nobre Orde Galega do Santo Graal”. A marca tivo dúas versións, a segunda cunha gráfica mais simplificada, ambas as dúas inspiradas nas inscripcións do Pórtico da Gloria que Castelao empregou como base da “letra galega”. O resto da identidade caracterízase polo emprego de tipografías sen remates e unha clara vontade de simplicidade e sobriedade.
- Dereitos:
-
CC BY-NC-SA 4.0. Arquivo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. CSIC
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel Festas de Betanzos
Portada revista “Nós”
Portada “Os nosos cantos”