1976-Cartel_pola_liberacion_muller-Llorca

Cartel “Pola liberación da muller”

Formato/tipoloxía
Dimensións
64 x 49 cm

Cartel reivindicativo firmado por Llorca para o Movemento Democrático de Mulleres (MDM), organización clandestina vinculada ao Partido Comunista que desenvolveu unha importante actividade feminista durante os últimos anos do franquismo e a transición democrática. En Galicia, e particularmente en Ferrol, o movemento comezou a facer visibles as reivindicacións das mulleres arredor de 1975, nun contexto de mobilización social e política crecente. 

O cartel constitúe unha peza de propaganda política centrada na denuncia dos roles impostos ás mulleres e na reivindicación da súa liberación. A composición estrutúrase arredor dunha silueta feminina frontal, construída mediante formas xeométricas simplificadas. 

A cabeza adopta a forma do símbolo feminino integrado no propio corpo da figura, mentres unha liña vermella vertical atravesa toda a composición. Sobre o peito aparecen penduradas tres etiquetas coas frases “La mujer y la sartén en la cocina están bien”, “Se busca señorita para todo, buena presencia…” e “Si hay huellas de oro en tu piel es que alguien te quiere frágil sumisa”, exemplos explícitos dos estereotipos e formas de opresión denunciadas polo movemento feminista.

A peza destaca tanto polo seu valor gráfico como polo seu papel na visualización das primeiras reivindicacións feministas organizadas en Galicia.

Créditos

Movemento Democrático de Mulleres (promotor), Offset Grafer (impresión)

1976-Cartel_pola_liberacion_muller-Llorca

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos