ellibrodesantiago01
ellibrodesantiago02

Cuberta "El libro de Santiago"

Formato/tipoloxía

Froito dun encargo institucional para a celebración do Ano Santo Xacobeo de 1948, "El libro de Santiago" é un coidado volume que recolle en palabras de Filgueira Valverde a historia evanxélica do Apóstolo e os símbolos asociados ao camiño, así como a semblanza de varios peregrinos senlleiros e varias lendas e narracións, algunhas delas recollidas no Códice Calixtino. 

Xosé Sesto foi o encargado das abundantes ilustracións interiores e do deseño da cuberta. A composición organízase arredor dunha figura de Santiago peregrino de inspiración románica (frontalidade, barba de rizos en espiral, ollos amendoados, panos de pregues lineais), coa man dereita alzada en xesto de bendición e o bordón con cabaza rematado en tau na esquerda , resolta en tintas planas impresas sobre unha encadernación en tea vermella. Catro cunchas de vieira estilizadas rematan cada ángulo pechando o conxunto.

O título disponse nunha cartela de extremos enrolados e emprega letras debuxadas de inspiración medieval que enlazan coa procura dunha letra de raíz epigráfica galega iniciada por Castelao, estilizando as mesmas formas que este usara, por exemplo, na cuberta de As cruces de Pedra na Galiza. Un elemento novidoso é a letra "o" sobreelevada de LIBRO e SANTIAGO. As liñas secundarias, en maiúsculas de proporción clásica, adoptan a convención latina da V por U (FILGVEIRA, DIBVJOS) e repártense nas dúas cartelas menores.

Foi reeditado en 1989 pola Deputación Provincial da Coruña, pero sen conservar a cuberta orixinal.

Créditos

Editora Nacional (editorial)
Xosé Filgueira Valverde (autor)
Xosé Sesto (ilustrador)

Dereitos

© Claremont School of Theology Library

ellibrodesantiago01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos