Cuberta “As cruces de Pedra na Galiza”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 41,2 x 32 cm
Cuberta deseñada por Castelao para a publicación do seu estudo no Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra, onde investigou a linguaxe formal desta expresión artística tan propia de Galicia. A composición deste debuxo destaca polo protagonismo absoluto da letra debuxada, unha creación orixinal de Castelao inspirada na epigrafía das igrexas galegas. Esta reinterpretación vangardista da letra gravada en pedra converteuse nun símbolo de identidade galega, situando a Castelao como figura clave na “canonización” da letra galega e no desenvolvemento dun patrimonio gráfico propio.
- Créditos:
-
Seminario de Estudos Galegos (edición)
- Fonte:
- Dereitos:
-
Imaxe © Museo de Pontevedra
Relacionados - Arquivo do deseño
Cuberta “Segundo libro de cousas”
Portada “El Idólatra de Galicia”
Proxecto cartel Caja de Ahorros Monte de Piedad
Cándido Fernández Mazas
\
1925
Periódico “Las Musas del Lérez”
Autoría descoñecida
\
1842