1973-louza-leiteira_ab1-carmen_arias_mimina-01
1973-louza-leiteira_ab1-carmen_arias_mimina-03
1973-louza-leiteira_ab1-carmen_arias_mimina-02
Formato/tipoloxía:
Dimensións:
18 x 9,5 cm, 500 ml 14,5 x 8 cm, 350 ml
Serie:
Sargadelos
Material:
Louza

Este modelo de leitera presenta dous tamaños. Son pezas en louza branca con decoración azul e verde. 
O corpo da peza, de paredes convexas e cun acento curvo no remate da tapa, da pé a un diálogo entre os distintos elementos. Na superficie, a combinación das dúas cores, tan semellantes coma distintas, xera tensión e dinamismo. A decoración xeométrica —obra de Carmen Arias— xoga coa posición dunha única forma: un semicírculo que se repite, por parellas, cos perfiles curvos enfrentados. No decorado AB/1, o xenio de Mimina está no uso desas formas sinxelas, traídas quizáis das xeometrías do románico galego, dun xeito diferente e moderno, que demostrou ser atemporal.

Dereitos:

CC BY-NC-ND 3.0 ES
Fotografía: AR\DE

1973-louza-leiteira_ab1-carmen_arias_mimina-01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos