Camiseta da Selección Galega de Fútbol
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 71,5 x 57,5 cm
O deseño da camiseta da Selección Galega de Fútbol integrou a bandeira de Galicia de maneira clara e recoñecible. O Grupo Revisión optou pola repetición da diagonal azul sobre fondo branco, dándolle unha volta ao estándar histórico dos equipos de fútbol: as clásicas listas verticais. O deseño conseguiu escapar do tópico a través dunha idea sinxela, graficamente concisa e anovadora. As liñas transversais crean unha grella que envolve a propia prenda, funcionando non só como elemento gráfico senón tamén como textura.
- Fonte
- Dereitos
-
© Grupo Revisión
Relacionados - Arquivo do deseño
Carteis Turgalicia
Cuponazo da ONCE
Caixa de ovos Pazo de Vilane
Cartel “Xove Nuclear Non”
Pepe Barro
\
1977