Portada “Vida Gallega”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 31 x 22 cm
Con preto de 800 números publicados, “Vida Gallega” pode considerarse a revista ilustrada de maior tirada, lonxevidade e influencia do seu tempo. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de Xosé Gil, o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía. Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas comunidades de emigrantes galegos. Foi suspendida entre os anos 1938 e 1954. Tivo unha segunda época entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquiriu a revista.
A portada do primeiro número, impresa a toda cor, presenta unha ilustración costumista de Castelao, realizada nos seus primeiros anos de actividade artística, cando comezaba a consolidar o seu estilo persoal. A cabeceira de letra debuxada reflicte a vontade da publicación de proxectar unha identidade visual propia, en sintonía co espírito galeguista e coa estética das revistas ilustradas europeas do momento. Compartimos algúns exemplos de portadas, con cambios de deseño da primeira etapa da revista.
- Créditos:
-
Jaime Solá (director)
Fabriciano Fernández Serra (director, 1955–1963)
Tipografía y litografía de Auber y Pla, Barcelona (imprenta) - Fonte:
-
Orixinal: Biblioteca de Galicia
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Libro “Conto de guerra”
Revista “El Recreo Compostelano”
Publicidade Conservas Massó
Portada Semanario “Claridad” número 17
Relacionados - Recursos
Francisco Mantecón. Paixón e cálculo
- David Barro , Vítor Mejuto , Ángel Cerviño , Alberto González-Alegre , Manolo Moldes , Manolo Figueiras , Mar Vicente , Xosé Carlos Hidalgo , Iñaki Martínez Antelo , Antonio Doñate , Roque Lazcano Vázquez e Francisco Sampedro
- 2015