Programa Festas A Coruña 1928
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 18 x 13 cm
- Temática:
- Festas e festivos
Portada ilustrada por Rafel Barros para anunciar as Festas da Coruña no seu programa de 1928. A superposición de figuras e formas crea unha composción dinámica. Unha bañista suxeita o escudo da cidade, mentres un home mostra a iluminación festiva cos números do ano de celebración. Todo este dinamismo aparece contido por un marco no que tamén se encaixan os textos. Na parte superior, as letras debuxadas sobre fondo verde prensentan LA CORUÑA co eslógan CIUDAD DE VERANO. E na parte inferior, sobre fondo negro, lemos o texto PROGRAMA DE FIESTAS, cunha estrutura máis condensada, pero repetindo a característica letra A coa súa barra triangular no centro.
A contraportada inclúe un anuncio da Imprenta Roel a toda páxina, cun encabezado que presenta o edificio onde se ubicaban os talleres. Nesta época, era habitual incluír a representación do edificio na cabeceiras de facturas e papel de carta, non só nas imprentas senón tamén noutras industrias como podían as conserveiras.
- Créditos:
-
Litografía e Imprenta Roel
- Fonte:
-
Orixinal: Biblioteca de Galicia
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Portada programa Festas A Coruña 1920
Cuberta “Follas Novas”
Publicidade Termas de Cuntis