Revista Futura. Arte/Diseño
- Dimensións
- 25 x 34 cm
“Futura. Arte / Diseño” foi unha revista semestral de arte, deseño e arquitectura publicada en Santiago de Compostela. Alberte Permuy exerceu como director de deseño e responsable do proxecto gráfico. A dirección editorial repartiuse por disciplinas: Pilar Corredoira e Román Pereiro en artes plásticas, e José M. Casabello en arquitectura. Os contidos combinaban cobertura internacional con contidos sobre creadores galegos como Francisco Leiro ou Juan de la Colina, e contou coa participación de destacados fotógrafos e creadores como Uxío Novoneyra.
A portada do número 1 constitúe un exercicio de deseño posmoderno canónico para o seu momento: a capa, cunha paleta de cores quentes e frías en tensión e unha estrutura modular, remite á influencia da New Wave tipográfica da época e do grupo Memphis.
No interior, o deseño segue unha retícula clara con columnas xustificadas e fotografías integradas con moderación. O contraste entre a gráfica máis posmoderna e ecléctica e as páxinas máis contidas é deliberado: a revista afirma no seu editorial “querer captar as vacilas propias do proceso creativo” sen renunciar á perspectiva histórica, e o deseño reproduce esa dobre tensión entre o contemporáneo e o clásico.
- Créditos
-
Futura. Arte/Diseño (edición)
Clave (impresión) - Fonte
-
Colección Uqui Permui
- Dereitos
-
© Alberte Permuy
Relacionados - Arquivo do deseño
Logotipo do Consorcio de Santiago
Logotipo Xunta de Galicia
Colección Arqueoloxía/Memorias