Sistema de embalaxe Silvereira
- Material
- cartolina
O obradoiro de artesanía Silvereira encargou a Cenlitros a revisión do seu sistema de embalaxe co obxectivo de mellorar a imaxe de marca e optimizar as prestacións funcionais e visuais, incorporando tamén un compromiso explícito co coidado do medio ambiente.
O encargo establecía como condicionantes manter un custo axeitado ao prezo das pezas de Silvereira, reducir ao mínimo o número de compoñentes e materiais empregados e desenvolver un sistema optimizado para o envío.
A proposta parte dun volume de proporción 4:3 configurado a partir dunha malla de triángulos inspirada na papiroflexia, posteriormente suavizada para acadar unha aparencia máis orgánica.
A solución formalízase nunha única lámina de cartolina troquelada que se prega sobre si mesma para xerar unha embalaxe ríxida e apilable. O peche e a unión lateral que conforman o volume resólvense mediante as propias cualidades elásticas do material, sen recorrer a elementos auxiliares adicionais.
- Fonte
- Dereitos