Caixas Amelia
- Dimensións
- Amelia alta: 55x35x32cm, amelia baixa 55x35x16cm
- Materiais
- madeira de piñeiro loneta
As “Amelias” constitúen un sistema de contedores domésticos deseñado e comercializado polo estudo Cenlitros, concibido inicialmente para a recolleita da horta, aínda que tamén funciona como sistema de almacenamento no ámbito doméstico.
Cada peza componse de dúas partes diferenciadas: unha estrutura ríxida de madeira e unha bolsa interior de loneta extraíble. Esta separación funcional e material contribúe á durabilidade do conxunto, ao posibilitar a limpeza, a reparación ou a substitución de cada elemento por separado.
O seu principal valor reside na capacidade de apilamento en dúas posicións distintas: unha pensada para reducir o espazo cando están baleiras e outra que garante estabilidade cando conteñen obxectos. Deste modo, responde á necesidade de sistemas flexibles capaces de adaptarse á redución do espazo doméstico e á convivencia de usos diversos no fogar.
- Fonte
- Dereitos
-
© Cenlitros
Fotografías Roi Alonso, Javi Brandido
Relacionados - Arquivo do deseño
Vaixela Ferrádica
Sistema de embalaxe Silvereira
Sinalización A Pedrachán