2014-tipografia-cen_sans-MarcosDopico-02
2014-tipografia-cen_sans-MarcosDopico-01
2014-tipografia-cen_sans-MarcosDopico-04
2014-tipografia-cen_sans-MarcosDopico-03
2014-tipografia-cen_sans-MarcosDopico-05

Tipografía corporativa Cen Sans

Formato/tipoloxía

Marcos Dopico deseñou esta tipografía á medida para o redeseño da imaxe corporativa de cenlitrometrocadrado no seu 7º aniversario, adaptando ademais a propia tipografía para o seu uso no logotipo do estudio, de estrutura máis condensada. A familia tipográfica Cen Sans creouse como un dos elementos centrais na nova identidade, inclúe tres pesos —Light, Regular e Bold— máis as súas versións itálicas. É unha tipografía lineal neo-humanista de baixo contraste e de proporcións lixeiramente expandidas. Presenta pequenos cortes nas terminacións dos trazos diagonais. O obxectivo foi crear unha tipografía versátil para ser usada en distintos medios e formatos, desde material impreso ata elementos de sinalización, a páxina web ou proxectos audiovisuais. Foi unha das primeiras tipografías corporativas —entendendo tipografía como fonte dixital— feita en Galicia, probablemente a primeira para unha entidade de pequeno tamaño.

Créditos

Cenlitrosmetrocadrado (cliente)

Fonte
2014-tipografia-cen_sans-MarcosDopico-02

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos