Portada revista “Nós”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 28 x 20 cm
A revista “Nós, Boletín mensual da cultura galega” foi a primeira revista escrita integramente en galego (desde os estudos científicos ata os anuncios publicitarios). Publicouse entre 1920 e 1936. Castelao, director artístico de Nós, buscou un deseño gráfico que contribuíse a crear unha estética xenuinamente galega, utilizando elementos da cultura popular. Por exemplo, a súa cabeceira utiliza a letra cunha intención clara de carácter identitario, inspirada nos textos inscritos en pedra do Pórtico da Gloria. Despois de varias versións da portada, Castelao chega á definitiva co número 32. A base gráfica deste deseño que imita un gravado, está nas portadas barrocas en forma de retablo e no uso do branco e do negro. Na composición deixase sentir o horror vacui da arte popular, motivos tirados de capiteis románicos e a iconografía do Santo Graal como símbolo da liberación e da identidade galega seguindo as ideas de Vicente Risco.
- Créditos:
-
Sociedade Galega de Pubricaciós “Nós” (impresión, 1920–1935)
Lar (impresión, 1925–1927)
Nós (A Coruña) (impresión, 1927–1931)
Imprenta e Papelería de La Región (impresión, 1920–1923)
J. Poza Cobas (impresión, 1923)
Nós (Santiago de Compostela) (impresión, 1931–1935) - Fonte:
-
Orixinais: Biblioteca de Galicia, Biblioteca da Deputación de Ourense
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Cuberta “Mar adiante”
Logotipo Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
Portada Semanario “Claridad” número 17
Identidade Seminario de Estudos Galegos
Relacionados - Recursos
“A gráfica feminista”. Alén dos xéneros, prácticas artísticas feministas en Galicia
- Uqui Permui
- 2018