2006-logotipo_AAG-Permuy_Asociados

Logotipo Axencia Audiovisual Galega

Formato/tipoloxía

A Axencia Audiovisual Galega constitúese en 2006 cos obxectivos de construír unha industria audiovisual con identidade propia e de ampliar os canles de distribución máis alá do circuíto comercial. Entre as súas iniciativas destacan proxectos como Flocos.tv ou Cinemas Dixitais, unha rede para a distribución de producións non comerciais. 

A marca creada por Permuy Asociados para a Axencia presenta o nome da institución composto en caixa baixa cunha sans-serif xeométrica de terminacións cadradas, que transmite claridade institucional. O símbolo é unha esfera construída mediante trama de mediotono nas cores primarias aditivas, a linguaxe cromática da luz e das pantallas. A variación no tamaño dos puntos xera volume e luminosidade sen recorrer a degradados. A marca pode lerse á vez como globo e como píxel, e a estrutura de mediotono introduce unha tensión entre o analóxico e o dixital conceptualmente precisa para unha axencia creada para articular a distribución cinematográfica tradicional con plataformas emerxentes.

Créditos

Consellería de Cultura e Deporte (Promotora)

Fonte

Colección Uqui Permui

Dereitos

© Alberte Permuy

2006-logotipo_AAG-Permuy_Asociados

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos