1845-1862-xerra-mambruu-real_fabrica_sargadelos
1845-1862-xerra-mambruu-real_fabrica_sargadelos-frente
Formato/tipoloxía
Dimensións
30,5 x 16 x 19 cm
Material
louza

Xerra antropomórfica pintada á man. Este tipo de xerra é unha adapatación da ‘Toby Jug’ inglesa, que fora popularizada no século XVIII polos ceramistas do condado de Staffordshire. A produción destas xerras estendeuse por toda Europa, introducindo distintas variantes. A mediados do século XIX, a Fábrica de Sargadelos ideou o seu propio modelo: Mambrú. Este termo é unha transformación fonética do apelido do xeneral inglés Duque de Marlborough, protagonista dunha coñecida canción infantil. Estas xerras adoptaban a figura dun home sentado nun sillón, coas mans sobre os xeonllos. Iba vestido cunha levita azul, chaleco amarelo, calzas brancas e pantalón e zapatos negros. Aínda que podía haber variantes nas cores. O sombreiro de tres picos, habitualmente negro, servía tamén para crear o bico. Co tempo a xerra foi aumentando de tamaño e algúns modelos incluían unha tapa extraíble. 

1845-1862-xerra-mambruu-real_fabrica_sargadelos

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos