cuberta_por_que-me_condenaron_a_muerte_maside

Cuberta de "Por qué me condenaron a muerte"

Formato/tipoloxía
Dimensións
18 x 11,5 cm

Carlos Maside deseñou esta cuberta, plenamente integrada na modernidade, durante a súa estadía en Madrid. A ilustración, resolta en tres tintas planas (azul, amarelo e verde), representa unha escuadrilla de avións reducidos a siluetas esquemáticas, vistos en contrapicado e cruzados por grandes feixes diagonais de luz. A imaxe fai referencia ao contido do relato autobiográfico de Jaime Mir, espía de orixe catalá que traballou para o goberno belga durante a I Guerra Mundial organizando unha rede de información que permitiu o bombardeo de importantes obxectivos alemáns. Segundo Alicia García Medina, a representación dos avións coloca esta cuberta como un dos primeiros exemplos da influencia da aeropintura futurista italiana nas cubertas de libros españois, contemporánea do manifesto de 1929 e anterior ás primeiras exposicións do movemento. A síntese xeométrica, composición diagonal, cores planas e superposicións tamén indican que Maside soubo sintetizar perfectamente as ensinanzas doutras vangardas europeas coma o constructivismo ou o vorticismo. O título, en letra debuxada de pau seco xeométrica, ocupa a franxa superior e destaca polo detalle do acento gráfico triangular do É e a diagonal romboidal do Q. 

Créditos

Editorial Zeus, Madrid (editorial)
Jaime Mir (autor)
J. Molina (impresor)

cuberta_por_que-me_condenaron_a_muerte_maside

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos