Cuberta "Guía de la Feria del Automóvil de Ocasión"
- Formato/tipoloxía
O ano 1925 resulta especialmente relevante para Pontecesures non só por ser o ano no que consegue a emancipación de Valga para se converter en concello de seu, senón tamén por se ter celebrado na vila a que está considerada como a primeira feira do automóbil de ocasión celebrada en España. Un grupo de empresarios da zona foron os encargados da organización, que resultou nun exitoso evento no que participaron uns 600 vehículos e ao que acudiron 10.000 persoas.
A imaxe do evento foi encargada a Carlos Maside, tamén natural de Pontecesures, quen optou por unha representación á carreira do deus grego Hermes, mensaxeiro dos deuses e protector do comercio. Aparece caracterizado cos seus atributos máis comúns: o pétaso na cabeza, o caduceo nunha man e un pé alado. No outro, a modo de patín, o deus calza un automóbil, o que acaba de conectar a figura co tema da feira, ademáis de aportar un pouco de humor ao motivo. A ilustración volveuse usar ao ano seguinte, aínda que non como motivo principal, na segunda edición da feira. Tiveron que pasar 24 anos para que se repetise o evento, xa no franquismo, recuperando o antigo cartel de Maside cun fondo de cor, aínda que, iso si, borrando a súa firma.
- Créditos
-
Imp. Buceta - Vilagarcía (imprenta)
- Fonte
-
Piñeiro Ares, Xosé: "Historia das feiras do automóbil de ocasión: Pontecesures". 1989
- Dereitos
-
Xosé Piñeiro Ares, Martiño Picallo
Relacionados - Arquivo do deseño
Cuberta “La tragedia del Caballero de Santiago”
Portada da revista “Industria Conservera”
Cuberta “Viaje y fin de Don Frontán”
Cartel de Vigo
Relacionados - Recursos
Ánxel Casal, un editor para un país: Catálogos de Lar e Nós
- Alfonso Mato , Mercedes Bangueses Vázquez , Ernesto Vázquez Souza , Isaac Díaz Pardo , Ramón Villares Paz e María de Lourdes Pérez González
- 2007